REDR reclama que o 30 % do Obxectivo Rural se destine ao LEADER para reforzar o papel dos territorios rurais
O presidente da Asociación dos GDR de Galicia, membro da Xunta Directiva da Red Española de Desarrollo Rural, Jose Antonio Santiso, subliñou que “a consellería de Medio Rural debe estar informada e participar nas negociacións co Ministerio de Facenda” e “os fondos Leader e a súa xestión deben delegarse ás CCAA”

Jose Antonio Santiso, presidente da Asociación GDR de Galicia e vogal en REDR, durante a súa intervención.
A Red Española de Desarrollo Rural (REDR) celebrou onte, 24 de marzo, en Calatayud (Zaragoza), as súas xornadas anuais, un encontro clave que reuniu a máis de douscentos representantes institucionais, responsables europeos, grupos de acción local, expertos e actores do territorio para abordar o futuro do desenvolvemento rural no marco das vindeiras políticas comunitarias.
Durante a súa intervención, o presidente de REDR, Rafael Llamas, defendeu a necesidade de asegurar unha asignación mínima para LEADER/CLLD dentro do futuro Objetivo Rural europeo, plantexando que alo menos o 30 % deste se destine a este enfoque. Neste senso, subliñou que se trata de “garantir a continuidade dun instrumento que demostrou a súa eficacia na xeneración de emprego, inversión, capital social e cohesión territorial”, en coherencia co peso real do medio rural en España e coas súas singularidades territoriais e demográficas. “Todos os recursos que se poñan en mans dos grupos LEADER van a multiplicarse en beneficio dos territorios”, concluiu.
Durante o transcurso do evento, o presidente da Asociación dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, membro da Xunta Directiva da Red Española, José Antonio Santiso, quixo subliñar que “a consellería de Medio Rural debe estar informada e participar nas negociacións co Ministerio de Facenda” ademáis de que “os fondos Leader e a súa xestión deben delegarse ás CCAA”. Tamén destacou que “o órgano xestor do goberno central ten que estar moi pendente da negociación xa que España xa non é obxectivo número un na UE”.

Mesa de autoridades da Red Española de Desarrollo Rural.
Participación institucional
Pola súa banda, a secretaria de Estado de Agricultura e Alimentación, Begoña García, defendeu a necesidade de blindar este modelo participativo no vindeiro marco financieiro, asegurando unha financiación suficiente e estable que permita consolidar o seu impacto a longo prazo. García incidiu en que “LEADER non só impulsa proxectos económicos, senón que xenera cohesión social, fixa poboación e reforza a identidade dos territorios rurais”, polo que a súa continuidade resulta “estratéxica” para o equilibrio territorial da Unión Europea. Neste senso, puxo un énfasis especial no valor do enfoque LEADER como un dos instrumentos máis eficaces da política rural europea, ao permitir que as decisións se tomen desde o propio territorio e adaptadas as súas necesidades reais.
A mesa redonda titulada “O futuro do LEADER no vindeiro MFP: unha responsabilidade compartida” contou coa participación de María Gafo, xefa da Unidade de Sostenibilidade Social da Dirección Xeral de Agricultura de la Comisión Europea, para quen é fundamental seguir reforzando o modelo de desenvolvemento local participativo desde Europa. “LEADER é a medida do desenvolvemento rural por excelencia”.
Nesta mesa redonda, tamén participaron Isabel Bombal, directora xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; Javier Rincón, conselleiro de Agricultura, Ganadería e Alimentación do Goberno de Aragón; e Francisco Javier Sánchez, alcalde de Serradilla (Cáceres).




