‘Sons do rural’ celebra este sábado a final do seu concurso no Náutico de San Vicente

Os Grupos de Desarrollo Rural (GDR) Asociación de Desarrollo Local Deloa, Salnés- Ulla-Umia, Ribeira Sacra- Courel e Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ordes puxeron en marcha un ano mais o  proxecto conxunto que pretende promocionar o patrimonio musical galego e que chega, este vindeiro sábado 4 de xuño o Náutico de San Vicente do Mar, no Grove baixo a cabeceira “Interritmos, Sons do Rural”

INTERRITMOS busca promover a cultura como motor de desenvolvemento territorial, así como dar visibilidade e potenciar a profesionalización de grupos e bandas que apostan pola evolución da música tradicional e de raíz.

No evento participa como moderadora das xornadas Marta Gómez, periodista especializada no eido cultural e novas tecnoloxías na TVG, e presentará o evento Julia Pozo, mestra e investigadora de música e baile tradicionais.

Vai comezar sobre ás 13:00 horas  ao son do Tradi-Trap onde a creatividade e a creación van ligadas cun fío vermello e ambas, se adaptan aos tempos. Podemos falar do proceso de reinterpretación, entendéndoo como aceptación do novo, adaptándoo ao contexto xeral da cultura tradicional do momento e do lugar.

A continuación van participar como Relatores Xaquín Xesteira Fundador e gaiteiro de Treixadura así como  Ortiga Músico, cantante e compositor.

De entre os 21 inscritos este ano, seleccionáronse 6 finalistas que participarán Sobre as 16:00 h na  AUDICIÓN FINAL e que son ABRIL,  TUMBA E DALLE, MEDIAREA, MOMBOI, ASOCIACION OS LIANTES e MAGHUA

Como Xurado nesta ocasión participan  Fransy González, Olga Kirk, Chema Cebeiro e Santiago Lafuente Castromán, todos eles con amplios coñecementos da música tradicional galega

Os eventos van percorrer todos os territorios dos GDR promotores do proxecto e que van facer parada nos vindeiros dias de Sábado, 3 de setembro – Muiño de Pozo do Cachón, Muros, Venres, 30 de setembro – Aula de natureza das Brañas de Valga Visantoña – Mesía (A Coruña),  o Venres, 7 de outubro – Aldea BIC de Froxán, Folgoso do Courel,  e poñerán o broche final ao proxecto  o Sábado, 8 de outubro en Alvariza de Pedro Pardo na ruta de San Mamede en Triacastela.

 

FONTE: GDR Salnés Ulla Umia