Diálogo sobre cultura rural sustentable

A Asociación de Desarrollo Local Deloa, coordina o proxecto de cooperación interterritorial que leva por título “La gestión de la sostenibilidad en eventos culturales con espectáculos en vivo en espacios rurales”, no que participan un total de nove grupos de desenvolvemento rural, 8 pertencentes á comunidade autónoma de Galicia e un á de Extremadura.

No marco deste proxecto, o día 28 de agosto, as 12:45 horas, terá lugar no Espacio Mans do Festival de la Luz, en Boirmorto, a xornada Diálogo sobre CULTURA RURAL SUSTENTABLE, na que participarán como relatores Jorge Minas, presidente da asociación promotora de VIBOMASK, Yeya Gilino, promotora de ASNOT e Evaristo Méndez, presidente da asociación cultural Fonte do Milagro, impulsora da festa PISA DA CASTAÑA. A xornada estará presentada e moderada por Marga Pazos, presentadora e redactora de informativos da TVG.

Tras a xornada, a cantante Catuxa Salom ofrecerá un showcase.

E necesario inscrición previa na páxina www.deloa.es/es/jornada-sostenibilidad/

 CONTACTO

Asociación de Desarrollo Local DELOA | A Escravitude, s/n| 15980| Padrón | A Coruña

981 81 70 00 | deloa@deloa.es | www.deloa.es

 

FONTE: Asociación DELOA