Deloa abre un proceso participativo para a elaboración da estratexia para o período 2023-2027

A Asociación Deloa pon en marcha un proceso de participación cidadá para a elaboración da súa Estratexia de Desenvolvemento Local para o período 2023-2027. É un proceso de participación aberto, na que a opinión dos cidadáns e entidades do territorio de Deloa teñen moito que dicir.

Tamén podedes dar a vosa opinión de xeito presencial asistindo aos consultorios temáticos que se realizarán proximamente. Iremos informando das datas e lugares nas nosas redes sociais e tamén na web.

Participa!